De Rosalía de Castro a Ruth Matilda Anderson. Feminismo e paratradución
DOI:
https://doi.org/10.35869/viceversa.v0i21.3456Schlagworte:
feminismo, paratraducción, literatura galega, Rosalía de Castro, Ruth Matilda Anderson.Abstract
En 1939 The Hispanic Society of America publicou o libro de Ruth Matilda Anderson Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, no que figuran o maior número de traducións ao inglés de textos de Rosalía de Castro con anterioridade a 1964. Ningún dos catálogos nin rexistros nos que se listan as aparicións de textos rosalianos noutras linguas recollen de maneira específica estas traducións de Anderson. Esta sería, por tanto, a primeira vez, que nós teñamos coñecemento, na que se detallan as primeiras traducións ao inglés destes seis escritos rosalianos. Ao se trataren de elementos paratextuais, segundo a definición de Genette (1987), debémolos considerar paratraducións (Garrido 2003-2004), cuxos niveis de análise —empírico, sociolóxico e discursivo— abordamos desde unha perspectiva feminista presente tanto
na autora (Rosalía de Castro), no sistema de orixe, coma na tradutora (Ruth Matilda Anderson), no sistema meta.