De Rosalía de Castro a Ruth Matilda Anderson. Feminismo e paratradución

Autores/as

  • Alba Rodriguez Saavedra Universidade de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.35869/viceversa.v0i21.3456

Palabras clave:

feminismo, paratraducción, literatura galega, Rosalía de Castro, Ruth Matilda Anderson.

Resumen

En 1939 The Hispanic Society of America publicou o libro de Ruth Matilda Anderson Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, no que figuran o maior número de traducións ao inglés de textos de Rosalía de Castro con anterioridade a 1964. Ningún dos catálogos nin rexistros nos que se listan as aparicións de textos rosalianos noutras linguas recollen de maneira específica estas traducións de Anderson. Esta sería, por tanto, a primeira vez, que nós teñamos coñecemento, na que se detallan as primeiras traducións ao inglés destes seis escritos rosalianos. Ao se trataren de elementos paratextuais, segundo a definición de Genette (1987), debémolos considerar paratraducións (Garrido 2003-2004), cuxos niveis de análise —empírico, sociolóxico e discursivo— abordamos desde unha perspectiva feminista presente tanto
na autora (Rosalía de Castro), no sistema de orixe, coma na tradutora (Ruth Matilda Anderson), no sistema meta.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2021-04-13

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución