Agricultura ecolóxica alternativa global.

Authors

  • Gabino Vázquez Fernández

Abstract

Para que o modelo de Agricultura Ecolóxica non sexa obxecto de manipulacións, a Agricultura Ecolóxica debe ser concebida baixo a súa acepción máis globalizadora. Máis que unha simple técnica productiva é un sistema de coñecemento fundado en tres piares: productivo, ambiental e humano. No marco europeo dunha agricultura subvencionada, de baixa competitividade, de alto impacto ambiental, con baixa calidade dos alimentos e baixas rendas para os pequenos agricultores, a Agricultura Ecolóxica vai gañando recoñecemento en amplos sectores sociais, incluída a Administración Pública, e representa unha solución á racionalización do gasto público, á preservación do patrimonio ecolóxico e cultural e á garantía dunha renda digna para os pequenos agricultores así como unha mellora na calidade da alimentación, o que redunda positivamente na calidade de vida. O desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica implica: a defensa das pequenas explotacións, a formación do agricultor, o estímulo do asociacionismo, a xestión directa dos recursos naturais, a manufacturación in situ dos alimentos, o estreitamento das relacións cidade-campo,  o contacto directo entre productores e consumidores, etc.

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-03-16

Issue

Section

Artículos