Observacións para un programa de actuación no cooperativismo da confección.
Resumo
Dende a "enquisa coop.confección. EUEE. 1990" sinálase unha colección de rasgos que se propoñen como referencia para un programa de actuación -anarquía e necesidade de proxectos claros; mínima dimensión e necesidade de enfronta-los problemas organizativos e dimensionais; escasa relación subvencións/eficacia e necesidade dunha política administrativa intelixente; necesidade de facer un esforzo no inmobilizado; posibilidades da subcontratación; avantaxes do producto terminado sobre a prestación de servicios-. Conclúese postulando a necesidade de considerar proxectos de fusión, ampliación e intercooperación, atendendo á resolución de problemas que actúan como limitativos -organizacionais, dimensionais e de mantemento do traballo indirecto.