APUNTAMENTOS SOBRE O LIBRO BRANCO DA ECONOMÍA SOCIAL DE CASTILLA-LA MANCHA
DOI:
https://doi.org/10.35869/ces.v0i43.3820Palabras clave:
Libro Blanco, Economía Social, Castilla-La Mancha, EspañaResumo
Dentro da axenda de actividades programadas co gallo do nomeamento da cidade de Toledo como capital europea da economía social, a publicación do Libro Branco da Economía Social de Castilla-La Mancha foi o acontecemento con maior importancia para o sector. O Libro Branco conten unha completa e exhaustiva análise das distintas entidades que integran este sector económico e social na rexión. O estudio foi realizado por un grupo de profesores da Universidade de CastillaLa Mancha, coa colaboración de entidades do sector, seguindo a metodoloxía do CIRIEC-España, polo que reflicte unha realidade que resulta comparable coa de outros libros brancos xa publicados por outras Comunidades Autónomas, ao tempo que descubre as fortalezas e debilidades da Economía Social en Castilla-La Mancha, facendo así posíbel que as entidades e as administracións poidan adoptar a medidas adecuadas para reforzar unhas e por remedio ás outras.